Ir al contenido principal

Expectativas da Formación Dual en España

Boas tardes compañeir@s! Neste artigo gustaríame falar da Formación Dual, concepto tan popular nas últimas datas no ámbito educativo do noso país. Resúltame interesante profundar neste tema, xa que creo que é un elemento, non só de presente, senón tamén de futuro, que está chamado a marcar un antes e un despois en termos de inserción laboral da poboación española en idade de traballar, e que sen embargo resulta bastante inusual ós nosos oídos.

Esta modalidade formativa, consiste en axuntar a formación académica e profesional a través da súa realización en dous contextos educativos o mesmo tempo, é dicir, no centro educativo no que se desenvolverán os contidos máis teóricos por un lado e na empresa, na que se efectuará a formación máis práctica por outro.

Aínda que moi recente para nós, non é nada novo, a lo menos no contexto da Unión Europea, concretamente en Alemaña, onde dende hai moito tempo xa existe unha gran tradición en educación para o emprego. Por esta razón, considero oportuno indagar nas orixes deste sistema, así como das bondades e problemáticas asociados a el.

ANÁLISE DO SISTEMA EDUCATIVO ALEMÁN

Na sesión “Recursos necesarios para a orientación laboral en Europa” do Posgrao de Orientación Laboral, tivemos acceso a unha das ferramentas proporcionadas pola Unión Europea para poñer en conxunto os sistemas educativos dos diferentes Estados Membros: Eurydice.

Grazas a ela podemos contemplar de xeito máis detallado como se desenvolve o sistema educativo alemán durante cada unha das súas etapas e como se encadra nel o Sistema Dual de formación.

A modo de resumo, tal e como podemos observar no seguinte gráfico, o sistema educativo alemán se divide en catro grandes bloques, dunha forma moi similar ó español, isto é, Preescolar, Educación Primaria, Educación secundaria (Secundaria e Bacherelato) e Educación terciaria (estudos universitarios e outras titulacións superiores).

Fonte: Eurydice 2017-2018

As diferenzas fundamentais entre ambos países descansan sobre tres factores:
  • As competencias lexislativas en materia de educación están completamente delegadasós estados federais, non como en España onde existe unha descentralización parcial
  • No caso de Alemaña, se esixe un alto nivel en canto a orientación académica durante a etapa de educación secundaria, pois xa dende os 10 anos os estudantes teñen que decidir se van optar pola vía académica (a través do Gymnasium) ou pola vía da Formación Profesional (Hauptschule no nivel máis baixo e Realschule no nivel máis alto segundo a cualificación dos estudantes).
  • Outro aspecto destacable no sistema educativo alemán é precisamente a incorporación dunha etapa de formación profesional de carácter optativo posterior á finalización dos estudos de Hauptschule,  Realschule, Escola Integrada e 10º de Gymnasium. Esta etapa faise a través da denomidada Escola Vocacional e se leva a cabo mediante o citado Sistema Dual.


PERSPECTIVAS DE FUTURO DA FORMACIÓN DUAL

Despois desta sucinta visión sobre o estrutura educativa de Alemaña, vexo necesario facer unha reflexión sobre os resultados tanxibles derivados da integración da Formación Dual no sistema educativo alemán. O que pretendo con ilo non é outra cousa que desentrañar con certo rigor os pros e os contras desta modalidade formativa, baseados en condicións reais de análise e inferir na medida do posible as perspectivas de éxito da súa aplicación no noso territorio, habida conta de que tratamos con culturas diferentes e non teñen porque ser transversais.

Vantaxes

 Adaptación dos estudos desenvolvidos á demanda do mercado laboral: os estudantes poden aplicar de primeira man os contidos teóricos impartidos no contexto académico, facilitando a súa aprendizaxe e capacitación á vez que se familiarizan cos medios organizativos e técnicos das empresas, o que lles vai permitir unha adaptación máis rápida ó futuro posto de traballo.

◉  Transición máis progresiva dende o contexto académico ó mercado laboral:  a existencia dunha etapa intermedia non deixa tan exposto ó estudante de cara a súa inmersión no mercado laboral, producindo unha inserción máis sinxela e paulatina.

◉  Desenvolvemento de carreira profesional: necesariamente o estudante acumula experiencia e reputación no ámbito empresarial, aumentando de forma drástica a súa empregabilidade, tanto na empresa na que realiza as prácticas como noutra empresa do sector.

◉ Impacto na redución do abandono escolar: a Escola Vocacional fai posible recortar a duración da educación obrigatoria no Gymnasium (Escola de Educación Xeral) para centrarse en formación máis específica dos oficios e ademais os estudantes perciben un salario durante todo o período que fica nela.

Desvantaxes

  Dificultade de coordinación: a formación a tres bandas esixe a plena implicación das institucións públicas, dos centros formativos e dos centros de traballo no desenrolo da actividade formativa.

 Especialización das empresas de práctica profesional: Debido á especialización das empresas, non se poden describir todos os aspectos do total da profesión. Isto debe ser amortecido coa axuda da capacitación  interempresarial.

 Integración parcial dos estudantes nas empresas: pódense dar casos nos que as empresas, por mor de non seren traballadores internos, non ofrezan ós estudantes capacitación integral, senón só áreas parciais da actividade. Ilo tamén pode implicar o atraso na visualización dos  desenvolvementos técnicos máis recentes.

  Falta de equivalencia dos estudos (non aplicable a España): a equivalencia dos estudos realizados non sempre se dá porque os plans de estudos das escolas vocacionais son emitidos polo estado federal respectivo e os plans marco de capacitación polo goberno federal.

A Formación Dual en números. ¿Que impacto ten sobre o desemprego?

Á luz dos datos ofrecidos polo Goberno alemán, a Formación Dual ten un impacto moi positivo, especialmente cando nos referimos a emprego xuvenil.

Segundo un artigo publicado no Diario El País[1]: “Case a metade dos mozos elíxeo ao acabar a ESO; e antes de 2014 eran máis do 60%.” 

Actualmente, “hai 1,4 millóns de aprendices (coñecidos comunmente como  azubis en alemán) cursando un destes títulos de FP dual. Os estudos duran entre 2 e 3,5 anos e capacitan para 327 profesións distintas. O Goberno alemán recoñece que este sistema é a clave para que a taxa de paro xuvenil en Alemaña estea por baixo do 7%.”

Para facernos á idea do alcance dos efectos positivos da Formación Dual en Alemaña, podemos comprobar na seguinte estatística coma no mesmo ano o promedio da taxa de paro xuvenil en España estivo en algo máis do 40% e en torno ó 20% na Eurozona.


CONCLUSIÓNS

A modo de sumario, podemos concluír que a Formación Dual se fundamenta nunha extensión da Formación Profesional cara o entorno empresarial, tamén aplicada a partires de este ano na Formación para o Emprego a través dos Obradoiros Duais, e que nace co obxectivo de satisfacer as demandas do mercado laboral e optimizar a empregabilidade, especialmente a relativa ó desemprego xuvenil.

Para trasladarvos dun xeito máis sinxelo como funciona a Formación Dual, as súas características e utilidades para os usuarios, vos deixo o seguinte vídeo, onde os protagonistas o amosan á perfección:



Non me gustaría pechar este artigo sen antes ofrecer a miña opinión persoal ó respecto. A Formación Dual paréceme unha ferramenta moi interesante e potencialmente produtiva para os intereses das persoas desempregadas deste país. É irrefutable que España ten unha das taxas de paro xuvenil máis altas de Europa, así que considero crucial revertir esta dinámica negativa por tódolos medios. Segundo os datos analizados, o sistema educativo alemán é un modelo que dende logo funciona, e sen dúbida ás veces resulta necesario botar unha ollada ó exterior para darse conta no que se está fallando e máis se se está a falar en clave de éxito; polo que entendo que con estas iniciativas se está a traballar na liña correcta. Creo que particularmente en Galicia, a súa incidencia en determinados sectores, como por exemplo o naval, pode ter un impacto realmente notable.









Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PLE o Entorno Personal de Aprendizaje

   ¿Qué es un PLE? No todo las personas tienen la misma forma de aprender, algunas personas son más auditivas, otras más visuales, y otros pueden ser kinestésicos. La forma por la cual adquirimos nuevos conocimientos en la era de la Revolución Digital, ha dado un vuelco a la forma por la cual aprendemos. Pero, ¿Qué es un ple?   Un PLE es un conjunto de herramientas, fuentes de información o contactos que usamos todos para aprender en la web 2.0.  Para que nos hagamos una idea de lo que significa este concepto, tenemos que pararnos a reflexionar como adquirimos la información a través de internet, como contactamos con otros y donde la compartimos.   El PLE no es más que la ilustración de estos conceptos y puede haber tantos PLE´s como personas, puesto que no todos aprendemos de la misma forma.  ¿Cómo está mi PLE? A la hora de realizar mi primer PLE me pude dar cuenta de algunas cosas,   soy una persona que me gusta estar inf...

PLE (Personal Learning Environment) o Entorno Personal de Aprendizaje

Qué es un PLE? El conjunto de herramientas, fuentes de información y conexiones que utilizamos, así   como las actividades que realizamos de forma habitual cuando adquirimos el conocimiento de algo, conforma nuestro entorno personal de aprendizaje.  Todos estos elementos pueden pertenecer al mundo físico o al virtual, pero el uso intensivo actual de las nuevas tecnologías, sobre todo de los dispositivos móviles ha posibilitado que dispongamos de fuentes ilimitadas para aprender con otros y de otros desde cualquier sitio, sin horarios, de forma colaborativa creando y compartiendo contenidos. En todo caso, el que aprende debe de tener un mínimo de conocimiento al respecto para aprovechar todo su potencial. Jordi Adell Segura ,  profesor de la Universidad Jaume I de Castellón, nos lo explica más ampliamente:            Cómo está mi PLE Un PLE consta de varias partes: la de acceso a la información (búsqueda,...

Presentándome!

Hola a tod@s! Mi nombre es Noelia Liboreiro y soy licenciada en Ciencias del Trabajo. Mi área de interés profesional es la gestión de recursos humanos, en concreto las relaciones laborales y la prevención de riesgos en el trabajo. Estos son mis intereses profesionales: Si quieres conocerme un poco más sígueme en twitter:  @LiboreiroNoelia Esta es una de mis canciones favoritas: