Boas tardes compañeir@s! Neste artigo gustaríame falar da Formación Dual , concepto tan popular nas últimas datas no ámbito educativo do noso país. Resúltame interesante profundar neste tema, xa que creo que é un elemento, non só de presente, senón tamén de futuro, que está chamado a marcar un antes e un despois en termos de inserción laboral da poboación española en idade de traballar, e que sen embargo resulta bastante inusual ós nosos oídos. Esta modalidade formativa, consiste en axuntar a formación académica e profesional a través da súa realización en dous contextos educativos o mesmo tempo, é dicir, no centro educativo no que se desenvolverán os contidos máis teóricos por un lado e na empresa, na que se efectuará a formación máis práctica por outro. Aínda que moi recente para nós, non é nada novo, a lo menos no contexto da Unión Europea, concretamente en Alemaña, onde dende hai moito tempo xa existe unha gran tradición en educación para o emprego. Por esta razón, ...
Comentarios
Publicar un comentario